RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Benxamín A debuta con triunfo nos oitavos de final do Mini Teresa Herrera

O Benxamín A impúxose (2-1) ao Victoria CF no partido de oitavos de final do Trofeo Mini Teresa Herrera. Xoel e Paulo foron os autores dos goles branquiazuis nun disputado encontro entre dous dos equipos favoritos.

Benxamín A: Gabriel, Iago Vázquez, Yago Trigo, Mauro, Nico, Íker, Joaquín y Gael. Tamén xogaron: Arón, Ioan, Pablo Ronquete, Paulo, Uxío e Xoel.

O vindeiro luns 17, o conxunto que prepara Pablo Barros xogará os cuartos de final ante un rival aínda por decidir.