RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín A derrota ao Fabril FC Benxamín e cobra vantaxe na fase final da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito

O Benxamín A dobregou (6-0) ao Fabril FC Benxamín na primeira xornada da Fase Final da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, cun formato de competición de liga a unha soa volta. O Atlético Coruña Montañeros CF A completa este grupo. Os tres equipos quedaron campións dos seus respectivos subgrupos na primeira fase.

Íker -3-, Mario, Yael e Thiago foron os autores dos goles do Benxamín A neste partido disputado no campo de herba sintética de Abegondo.

Benxamín A: Brais Taín, Sergio, Nico, Mario, Leo, Hugo, Thiago e Íker. Tamén xogaron: Yael, Alejandro Pais e Mateo.

Fabril FC Benxamín: Roi, David Ramos, Yoel, Hugo, David Gómez, Jorge, Álvaro e Iván. Tamén xogaron: Roque, Javi, Martín e Dani.

Este domingo 20 de xuño ás 11:00 na Torre (campo 1.1) enfróntanse o Benxamín A e o Atlético Coruña Montañeros CF A, con motivo da segunda xornada. O Fabril FC Benxamín ten xornada de descanso.