RCD / NOVAS

O Benxamín A gana o Torneo Ciudad de La Coruña e o Alevín A encara os oitavos de final en Maspalomas

29/06/2017 23:08

O Benxamín A adxudicouse esta tarde na cidade deportiva da Torre a 26ª edición do Torneo Internacional Ciudad de La Coruña Trofeo Juan M. Iglesias Mato 'Palau' en categoría benxamín.

Ademais, Jairo foi nomeado mellor xogador do torneo.

Con este título, o equipo branquiazul dirixido por Pablo Barros e Alejandro Canosa, pon o punto e final á temporada.

Na competición participan ademais outros dous equipos de #ANOSACANTEIRA: Alevín B mañá venres e Cadete A o sábado.

Os resultados do Benxamín A foron os seguintes:

Xoves 29 de xuño
Categoría benjamín
Primeira Fase
ORILLAMAR C 0 - BENXAMÍN A 5 (Jairo, Bruno -2-, Dani e Pablo Fernández)
BENXAMÍN A 4 (Erick, Pablo Fernández, Álex e Eli) - SPORTING CAMBRE 0
BENXAMÍN A 1 (Bruno) - EF LUIS CALVO 0

Cuartos de final
BENXAMÍN A 3 (Bruno, Eli e Jairo) - VICTORIA 1

Semifinais
BENXAMÍN A 1 (Jairo) - XUVENTUDE DE OROSO 0

Final
BENXAMÍN A 3 (Álex, Dani e Eli) - OLÍMPICO DE RUTIS 0

Venres 30 de xuño
Categoría alevín
Primeira Fase
16:00: ORILLAMAR C - ALEVÍN B
17:00: ALEVÍN B - GALICIA CARANZA
18:00: ALEVÍN B - IMPERÁTOR OAR

Os dous primeiros de cada grupo pasan a cuartos de final, que se xogan xa a continuación.

Sábado 1 de xullo
Categoría cadete
Primeira Fase
15:45: CADETE A - GALICIA CARANZA (campo 2)
16:30: CADETE A - VICTORIA (campo 2)

Os dous primeiros de grupo pasan a semifinais, que se xogan xa a continuación.

O Alevín A encara os oitavos de final da Maspalomas Cup 2017

O Alevín A sumou a súa terceira vitoria na Maspalomas Cup 2017. Se anteriormente o equipo deportivista goleaba (7-0) a La Laguna e derrotaba ao Huracán (1-0), hoxe xoves superou ao cadro de La Garita (5-0).

Mañá venres, o conxunto branquiazul afronta ás 14:00 horas os oitavos de final.

O calendario de partidos do Alevín A, cos resultados dos partidos xa disputados, é o seguinte:

Primeira Fase
Martes 27 de xuño
ALEVÍN A 7 (Domínguez -4-, Noah, Diego e Javi) - LA LAGUNA 0

Mércores 28 de xuño
ALEVÍN A 1 (Manu) - HURACÁN 0

Xoves 29 de xuño
ALEVÍN A 5 (Domínguez -3- e Carlos -2-) - LA GARITA 0

Venres 30 de xuño
Oitavos de final
14:00: ALEVÍN A - RIVAL POR DETERMINAR