RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín A iguala co Calasanz A e depende de si mesmo para ser campión este sábado

O Benxamín A igualou esta tarde co CD Calasanz A (2-2), en partido correspondente á 21ª xornada, penúltima, da Primeira Comarcal A Coruña disputada na súa totalidade o pasado sábado.

Con este resultado, o conxunto deportivista mantén os 2 puntos de vantaxe á fronte da clasificación sobre o cadro colexial, 55 puntos por 53, e depende de si mesmo para proclamarse campión de liga na última xornada, este sábado 4 de maio ás 10:30 na Torre (campo 1.2), co Imperátor OAR A como rival.

O empate podería valer ao Benxamín A, a condición de que o CD Calasanz A non gañe o seu partido fronte ao Sporting Coruñés A, á mesma hora na Torre (campo 3.2).

Esta tarde en San Pedro de Visma, Íker e Gael foron os goleadores branquiazuis no choque ante o CD Calasanz A.

Benxamín A: Gabriel, Ioan, Iago Vázquez, Mauro, Pablo Ronquete, Nico, Joaquín e Íker. Tamén xogaron: Paulo, Xoel, Christian, Arón, Gael e Yago Trigo.

Os resultados do equipo que prepara Pablo Barros até a data son os seguintes:

Benxamín A 7 (Íker -4-, Mauro, Iago Vázquez e Gael) - Oza Juvenil SD A 0
SD San Tirso A 0 - Benxamín A 8 (Ioan -3-, Pablo -2-, Paulo, Íker e Mauro)
Benxamín A 7 (Paulo -2-, Íker, Joaquín, Trigo, Nico e Pablo) - Ural CF A 1
Atlético Coruña Montañeros CF A 0 - Benxamín A 7 (Íker -2-, Ronquete, Trigo, Gael, Paulo e un futbolista rival en propia meta)
Benxamín A 9 (Íker -6-, Nico, Paulo e Yago Trigo) - ED Luis Calvo Sanz A 0
Orillamar SD A 0 - Benxamín A 6 (Yago Trigo -3-, Gael, Uxío e Joaquín)
Victoria CF A 2 - Benxamín A 2 (Nico -2-)
Benxamín A 3 (Paulo, Iago Trigo e Joaquín) - Sporting Coruñés A 0
Atlético Castros 0 - Benxamín A 11 (Joaquín -2-, Paulo -2-, Pablo Ronquete -2-, Uxío, Yago Trigo -2-, Mauro e Íker)
Benxamín A 0 - CD Calasanz A 0
Imperátor OAR 0 - Benxamín A 10 (Paulo -2-, Trigo -2-, Gael -2-, Ioan, Pablo Ronquete, Mauro e Íker)
Oza Juvenil SD A 0 - Benxamín A 7 (Joaquín -2-, Íker -2-, Mauro, Yago Trigo e Gael)
Benxamín A 10 (Yago Trigo -2-, Joaquín, Uxío -2-, Ioan, Paulo, Íker, Mauro e Pablo Ronquete) - San Tirso SD A 1
Ural CF A 1 - Benxamín A 1 (Paulo)
Benxamín A 6 (Ioan -2-, Iago, Trigo, Pablo e Paulo) - Atlético Coruña Montañeros CF A 1
ED Luis Calvo Sanz A 1 - Benxamín A 10 (Íker -4-, Yago Trigo -3-, Gael, Nico e Uxío)
Benxamín A 9 (Íker -4-, Gael -2-, Yago Trigo, Paulo e Uxío) - Orillamar SD A 0
Benxamín A 4 (Mauro -2-, Christian e Xoel) - Victoria CF A 1
Sporting Coruñés A 3 - Benxamín A 8 (Ronquete -3-, Íker -2-, Paulo, Nico e un futbolista rival en propia meta)
Benxamín A 8 (Pablo Ronquete -2-, Trigo -2-, Gael -2-, Uxío e Íker) - Atlético Castros 0
CD Calasanz A 2 - Benxamín A 2 (Íker e Gael)