RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín A inicia 2022 cunha nova vitoria na liga

O Benxamín A iniciou o ano 2022 cun novo triunfo (8-0), esta vez ante o CF Deportivo Orzán, con motivo da 3ª xornada no subgrupo A de Primeira A Coruña.

Jorge Fernández -3-, Martín -2-, David Gómez, Álvaro Gómez e Nacho Villanueva foron os autores dos goles branquiazuis.

Con este resultado, o Benxamín A suma 9 puntos de 9 posibles á fronte do subgrupo.

Benxamín A: Roi Castro, Hugo Macedo, Álvaro Gómez, Hugo Luaces, Joel Puñal, Brais Martínez, Jorge Fernández e Hugo Pousa. Tamén xogaron: Roque Martínez, Martín López, Iván Gil, David Gómez e Nacho Villanueva.

A próxima fin de semana, o Benxamín A enfróntase ao Fabril FC Benxamín.

Os resultados até a data do Benxamín A son os seguintes:

Benxamín A 9 (Iván Gil -3-, Álvaro Gómez -2-, Nacho Villanueva -2- e Hugo Macedo -2-) - Imperátor OAR 0
CD Calasanz 0 - Benxamín A 2 (Álvaro Gómez -2-)
Benxamín A (Jorge Fernández -3-, Martín -2-, David Gómez, Álvaro Gómez e Nacho Villanueva) - CF Deportivo Orzán 0