RCD / NOVAS

O Benxamín A mantén o liderado cun triunfo sobre o Orillamar A

01/12/2018 13:03

O Benxamín A asegurouse unha semana máis o liderado da Primeira Comarcal A Coruña ao derrotar (0-6) ao Orillamar SD A en partido pertencente á 6ª xornada. Yago Trigo -3-, Gael, Uxío e Joaquín foron os goleadores branquiazuis.

Con este marcador, o conxunto deportivista suma 18 puntos á fronte do grupo.

Benxamín A: Aarón, Xoel, Iago Vázquez, Christian, Pablo, Uxío, Nico e Yago Trigo. Tamén xogaron: Gabriel, Íker, Ioan, Gael, Mauro e Joaquín.

A próxima semana non haberá competición de liga. En 15 días, o Benxamín A medirase ao Victoria CF A.

Os resultados do equipo que prepara Pablo Barros até a data son os seguintes:

Benxamín A 7 (Íker -4-, Mauro, Iago Vázquez e Gael) - Oza Juvenil SD A 0
SD San Tirso A 0 - Benxamín A 8 (Ioan -3-, Pablo -2-, Paulo, Íker e Mauro)
Benxamín A 7 (Paulo -2-, Íker, Joaquín, Trigo, Nico e Pablo) - Ural CF A 1
Atlético Coruña Montañeros CF A 0 - Benxamín A 7 (Íker -2-, Ronquete, Trigo, Gael, Paulo e un futbolista rival en propia meta)
Benxamín A 9 (Íker -6-, Nico, Paulo e Yago Trigo) - ED Luis Calvo Sanz A 0
Orillamar SD A 0 - Benxamín A 6 (Yago Trigo -3-, Gael, Uxío e Joaquín)