RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín A pasa a cuartos de final do Mini Teresa Herrera á conta do Sporting Coruñés

O Benxamín A superou ao Sporting Coruñés SD (0-10) nos oitavos de final do Trofeo Mini Teresa Herrera, en eliminatoria a partido único.

David Gómez -3-, Hugo Pousa -2-, Hugo Luaces, Jorge Fernández, Hugo Macedo, Nacho Villanueva e Álvaro Gómez foron os autores dos goles branquiazuis.

Benxamín A: Roi Castro, Hugo Macedo, Jorge Fernández, Hugo Luaces, Brais Martínez, Hugo Pousa, Nacho Villanueva e David Gómez. Tamén xogaron: Roque Martínez, Martín López, Álvaro Gómez e Iván Gil.

O vindeiro luns 27 de xuño, o conxunto deportivista xogará os cuartos de final.

A final deste torneo xógase no Estadio ABANCA-RIAZOR como preámbulo do Trofeo Teresa Herrera masculino e feminino.