RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín A pelexa hoxe mércores co Orillamar SD por un posto na final do Mini Teresa Herrera

O Benxamín A superou (7-0) ao CD Calasanz en cuartos de final do Mini Teresa Herrera e hoxe mércores 29 de xuño, ás 18:00 na Grela, pelexará co Orillamar SD por un posto na final, partido que se xoga no Estadio ABANCA-RIAZOR como preámbulo do Trofeo Teresa Herrera feminino e masculino.

Hugo Macedo -2-, Hugo Pousa -2-, Iván Gil, Martín López e David Gómez foron os goleadores branquiazuis ante o CD Calasanz nos cuartos de final.

Benxamín A: Roi Castro, Hugo Macedo, Brais Martínez, Jorge Fernández, Iván Gil, Martín López, Hugo Pousa e David Gómez. Tamén xogaron: Roque Martínez e Hugo Luaces.

Os resultados do Benxamín A nesta competición son os seguintes:

Oitavos de final
Sporting Coruñés SD 0 - Benxamín A 10 (David Gómez -3-, Hugo Pousa -2-, Hugo Luaces, Jorge Fernández, Hugo Macedo, Nacho Villanueva e Álvaro Gómez)

Cuartos de final
Benxamín A 7 (Hugo Macedo -2-, Hugo Pousa -2-, Iván Gil, Martín López e David Gómez) - CD Calasanz 0