RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín A pon rumbo á Palma Cup 2018

O Benxamín A viaxa a Palma de Mallorca para participar, desde mañá xoves 27, na Palma Cup 2018.

O cadro deportivista terá como primeiros rivais a estes equipos: CD Cide, UD Arenal, SD La Salle e UD Poblense.

O calendario de partidos do conxunto que prepara Pablo Barros é o seguinte:

Primeira Fase
Xoves 27 de decembro
16:00: BENXAMÍN A - SD LA SALLE
Venres 28 de decembro
09:00: CD CIDE - BENXAMÍN A
16:00: UD POBLENSE - BENXAMÍN A
Sábado 29 de decembro
10:00: BENXAMÍN A - UD ARENAL

Os dous primeiros de grupo acceden a oitavos de final, que se xogan a partir das 15:30 horas.

O Infantil A participa na Aragón Cup 2018 de Huesca

O Infantil A, que se acaba de proclamar campión do grupo norte da liga Galega, compite na Aragón Cup 2018, torneo que se desenvolve en Huesca desde este xoves 27 de decembro.

Na Primeira Fase, o conxunto deportivista quedou encadrado no grupo 1, coa SD Huesca A, Lacross Babel CF e Evergrande Football School.

O calendario de competición do equipo que dirixe David Lagar é o seguinte:

Primeira Fase
Xoves 27 de decembro
12:00: SD HUESCA A - INFANTIL A (instalacións de San Jorge, campo 1)
17:00: EVERGRANDE FOOTBALL SCHOLL (instalacións de San Jorge, campo 2)
Venres 28 de decembro
11:00: INFANTIL A - LACROSS BABEL CF (instalacións de San Jorge, campo 2)

A partir das 16:00 arrinca a Fase Final, segundo clasificación. Así, o primeiro de grupo pasa a semifinais; o segundo pelexará polos postos 5º ao 8º; o terceiro polas posicións 9ª á 12ª; e o cuarto clasificado de grupo loitará polos postos 13º ao 16º.