RCD / NOVAS

O Benxamín A supera ao Orillamar e xa está en semifinais do Trofeo Mini Teresa Herrera

17/06/2019 22:11

O Benxamín A venceu ao Orillamar SD (9-0) e clasificouse para a semifinal do Mini Teresa Herrera, que se xogará este mércores 19 de xuño ás 18:00 na Grela 1 ante o Oza Juvenil SD.

Pablo Ronquete -2-, Paulo -2-, Uxío -2-, Íker, Yago Trigo e Iago Vázquez foron os goleadores deportivistas ante o 'Orilla'.

Benxamín A: Gabriel, Iago Vázquez, Nico, Gael, Mauro, Yago Trigo, Pablo Ronquete e Paulo. Tamén xogaron: Arón, Ioan, Xoel, Joaquín, Uxío e Íker.

Os resultados do Benxamín A nesta competición son os seguintes:

Oitavos de final
Benxamín A 2 (Xoel e Paulo) - Victoria CF 1

Cuartos de final
Benxamín A 9 (Pablo Ronquete -2-, Paulo -2-, Uxío -2-, Íker, Yago Trigo e Iago Vázquez) - Orillamar SD 0