RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín A supera ao Oza Juvenil e medirase ao Imperator nas semifinais do Mini Teresa Herrera

O Benxamín A derrotou esta tarde con autoridade (0-8) ao Oza Juvenil nos cuartos de final do Trofeo Mini Teresa Herrera. Janusz -3-, Íker -2-, Anxo -2- e Leandro foron os autores dos goles nun partido de claro dominio branquiazul.

Este mércores 13 de xuño, ás 18:00 na Torre, o conxunto deportivista enfrontarase ao Imperátor nas semifinais.

Benxamín A: Rodri, Pablo, Yago, Íker, Nico, Raúl, Janusz e Anxo. Tamén xogaron: Joel, Diego, Mosquera, Xabi, Leandro e Guille.

Os resultados do Benxamín A nesta competición son os seguintes:

Eliminatoria previa
Compañía de María 0 - Benxamín A 10 (Anxo -3-, Leandro, Xabi, Pablo, Diego, Nico, Guille e Janusz)

Oitavos de final
Victoria A 0 - Benxamín A 3 (Íker -2- e Pablo)

Cuartos de final
Oza Juvenil 0 - Benxamín A 8 (Janusz -3-, Íker -2-, Anxo -2- e Leandro)