RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín A tropeza co Victoria A debido a unha frouxa primeira parte

O Benxamín A deixouse 2 puntos ante o Victoria CF A (2-2), en partido correspondente á 7ª xornada na Primeira Comarcal A Coruña, debido sobre todo a unha frouxa primeira parte.

Após o descanso, os deportivistas melloraron pero quedaron sen tempo para lograr o triunfo. Nico foi o autor dos dous tantos branquiazuis.

Con este resultado, o Benxamín A suma 19 puntos e mantense como líder en solitario do grupo.

Benxamín A: Gabriel, Gael, Iago Vázquez, Mauro, Ioan, Nico, Paulo e Íker. Tamén xogaron: Xoel, Uxío, Pablo, Joaquín e Yago Trigo.

A competición ligueira para até mediados de xaneiro de 2019. O seguinte rival do Benxamín A será o Sporting Coruñés A.

Os resultados do equipo que prepara Pablo Barros até a data son os seguintes:

Benxamín A 7 (Íker -4-, Mauro, Iago Vázquez e Gael) - Oza Juvenil SD A 0
SD San Tirso A 0 - Benxamín A 8 (Ioan -3-, Pablo -2-, Paulo, Íker e Mauro)
Benxamín A 7 (Paulo -2-, Íker, Joaquín, Trigo, Nico e Pablo) - Ural CF A 1
Atlético Coruña Montañeros CF A 0 - Benxamín A 7 (Íker -2-, Ronquete, Trigo, Gael, Paulo e un futbolista rival en propia meta)
Benxamín A 9 (Íker -6-, Nico, Paulo e Yago Trigo) - ED Luis Calvo Sanz A 0
Orillamar SD A 0 - Benxamín A 6 (Yago Trigo -3-, Gael, Uxío e Joaquín)
Victoria CF A 2 - Benxamín A 2 (Nico -2-)