RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín A tumba ao ED Luis Calvo Sanz A e é líder en solitario da liga Comarcal

O Benxamín A tombou (4-1) ao ED Luis Calvo Sanz A en partido correspondente á 8ª xornada na liga Comarcal. Rodrigo, José Quiroga, Pablo Somoza e Hugo foron os goleadores branquiazuis.

Ambos os equipos chegaban ao encontro empatados a 21 puntos á fronte da clasificación. Así pois, agora os deportivistas son líderes en solitario do grupo con 24 puntos, por 21 dos bergantiñáns, segundos.

Benxamín A: Lucas López, Javi, Hugo, José Quiroga, Raúl, Iago Varela, Pablo Vara e Pablo Somoza. Tamén xogaron: Martín Fernández, Lucas Vázquez, Rodrigo, Iago Lameiro e Nico.

A próxima fin de semana, o Benxamín A visita ao Xesuitinas A.

Os resultados do Benxamín A na Liga Comarcal até a data son os seguintes:

Benxamín A 11 (Raúl -2-, José Quiroga -2-, Javi, Hugo, Iago Lameiro, Pablo Somoza, Pablo Vara, Rodrigo e Martín Forján) - Outes CF 0
Olímpico CF A 0 - Benxamín A 6 (Pablo Somoza -2-, Hugo -2-, Pablo Vara e Martín Forján)
Benxamín A 12 (Pablo Somoza -3-, Iago Lameiro -3-, Raúl -2-, Rodrigo -2-, José Quiroga e Martín Forján) - Betanzos CF 0
Victoria CF A 4 - Benxamín A 5 (Raúl -2-, Iago Varela, Iago Lameiro e Hugo)
San Tirso SD A 0 - Benxamín A 4 (José Quiroga, Rodrigo -2- e Martín Forján)
Benxamín A 11 (Iago Lameiro -3-, Rodrigo -2-, Pablo Somoza -2-, Iago Varela, Hugo, José Quiroga e Raúl) - Xallas FC A 0
SCD Órdenes A 0 - Benxamín A 11 (José Quiroga, Iago Lameiro -4-, Pablo Somoza -2-, Rodrigo, Lucas Vázquez, Iago Varela e Pablo Vara)
Benxamín A 4 (Rodrigo, José Quiroga, Pablo Somoza e Hugo) - ED Luis Calvo Sanz A 1