RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín A viaxou a Stuttgart (Alemaña) para disputar desde mañá a Orthopädikos Cup

O Benxamín A viaxou a Stuttgart (Alemaña) para xogar desde mañá sábado 22 de abril a Orthopädikos Cup. O equipo branquiazul quedou encadrado no grupo C, con estes equipos: TSV Plattenhardt, FG Seckbach, TSF Ditzingen Weib e FC St. Pauli.

O calendario da Primeira Fase do Benxamín A é o seguinte:

Sábado 22 de abril

9:19: BENXAMÍN A - TSV PLATTENHARDT
9:57: FC ST. PAULI - BENXAMÍN A
10:35: TSF DITZINGEN WEIB - BENXAMÍN A
11:51: BENXAMÍN A - FG SECKBACH

A partir de aí, e segundo clasificación, pasarase a unha Segunda Fase.

Pola súa banda, o Cadete B disputa a Fase de Consolación da 40 edición do Mundial Sub-15 La Saint Pierre de Nantes.

Hoxe venres tivo dous partidos, cun balance dunha derrota e unha vitoria. Mañá sábado, o rival será o Lucko de Croacia.

O calendario do equipo, cos resultados da Primeira Fase, é o seguinte:

Mércores 19 de abril
CADETE B 2 (Pol e Rares) - SYMPHO FOOT REILLIERES 1
CADETE B 0 - STADE RENNAIS 0

Xoves 20 de abril
CADETE B 0 - STEAUA BUCAREST 0
CADETE B 0 - AC BASSE GOULAINE 0
CADETE B 0 - OLYMPIQUE DE MARSELLA 0

Venres 21 de abril
Fase de Consolación
CADETE B 0 - CHAPELAIN 1
CADETE B 9 (Rares -3-, Fito, Landeira, Toni, Docarmo, Portas e Concheiro) - ORVAULT 0

Sábado 22 de abril
10:40: CADETE B - LUCKO