RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín B arranca este luns 15 de abril o Mundialito Costa Daurada en Tarragona

O Benxamín B do Dépor arranca este luns 15 de abril o Mundialito Costa Daurada en Tarragona, concretamente nas localidades de Ruidoms, Salou, Cambrils e La Selva del Camp.

Os rivais deportivistas na Primeira Fase serán os Halcones Watsonville FC, Sant Pau Apóstol, EFB UD Salou e Levante UD.

O calendario de partidos do Benxamín B é o seguinte:

Primeira Fase
Luns 15 de abril
11:00: BENXAMÍN B - HALCONES WATSONVILLE FC, en Ruidoms (campo 12)
18:00: SANT PAU APÓSTOL - BENXAMÍN B, en Ruidoms (campo 13)

Martes 16 de abril
17:00: BENXAMÍN B - EFB UD SALOU, en Salou (campo 10)

Mércores 17 de abril
16:00: LEVANTE UD - BENXAMÍN B, en Cambrils (campo 2)

O campión de grupo e os tres mellores segundos dos 5 grupos pasan á Fase Ouro, que desde cuartos de final xógase o xoves 18 de abril a partir das 15:00 horas en Cambrils.

Os dous peores segundos, os terceiros de grupo e o mellor cuarto clasificado acceden a unha Fase de Prata, que arranca o xoves 18 ás 15:00 en La Selva del Camp.

Finalmente, os restantes cuartos clasificados dos 5 grupos e os quintos disputan unha Fase Final Bronce, o xoves 18 a partir das 15:00 horas en Ruidoms.