RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín B cae nas semifinais da Copa AFAC

O Benxamín B caeu co Ural B (1-2) nas semifinais da Copa AFAC, froito de dous erros en defensa. Aínda así o encontro foi igualado e a vitoria puido ser para calquera dos dous equipos. Diego foi o autor do único tanto deportivista.

Benjamín B: Álex, Xabi, Íker, Pablo, David, Iago, Nico e Anxo. Tamén xogaron: Joel, Guille, Isma, Marco, Raúl e Diego.

O conxunto deportivista xogou as semifinais tras proclamarse campión do seu grupo, con esta traxectoria:

Benxamín B 8 (Iago -2-, Diego -2-, Éder -2-, Nico e Raúl) - Calasanz C 2
Victoria C 0 - Benxamín B 9 (Diego -3-, Anxo -2-, Xabi, Nico e Eder -2-)
Benxamín B 3 (Nico e Eder -2-) - Ural C 0
Atlético Coruña Montañeros C 1 - Benxamín B 6 (Diego -3-, Anxo, Eder e Pablo)
Benxamín B 12 (Eder -3-, Diego, Isma -2-, Raúl, Marco, Anxo -3- e Xabi) - Imperátor C 0

Este sábado 27 de maio, o Benxamín B competirá na segunda edición do Torneo Concello da Estrada.