RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín B cede ante o Ural CF C os seus 2 primeiros puntos no que vai de liga

O Benxamín B cedeu (3-3) ante o Ural CF C os seus 2 primeiros puntos do que vai de competición na Primeira C. Nico, Mateo e Íker foron os autores dos goles branquiazuis neste equilibrado encontro correspondente á 8ª xornada.

A pesar deste empate, o equipo que prepara Roberto Veres é líder destacado do grupo con 22 puntos; por 17 do seu inmediato perseguidor, o Victoria CF B.

Benxamín B: Brais, Hugo, Antón, Nico, Leo, Yael, Thiago e Íker. Tamén xogaron: Sergio, Mateo e Mario.

A próxima fin de semana, o Benxamín B mídese ao Atlético Coruña Montañeros CF B.

Os resultados até a data do Benxamín B son os seguintes:

Ural CF C 1 - Benxamín B 3 (Íker -2- e Hugo)
Benxamín B 8 (Íker -3-, Hugo -2-, Mario -2- e Sergio) - Atlético Coruña Montañeros CF B 0
CD Calasanz C 2 - Benxamín B 4 (Thiago, Íker -2- e Nico)
Benxamín B 7 (Nico -2-, Íker -2-, Mateo -2- e Thiago) - Victoria CF C 0
Benxamín B 6 (Íker -3-, Thiago -2- e Mario) - Victoria CF B 1
CD Calasanz B 0 - Benxamín B 9 (Yael -3-, Hugo -3-, Nico, Thiago e Leo)
Benxamín B 7 (Nico -2-, Íker -2-, Thiago, Mario e Leo) - Xesuitinas C 0
Benxamín B 3 (Nico, Mateo e Íker) - Ural CF C 3