RCD / NOVAS

O Benxamín B compite no Trofeo Concello de Boiro

11/06/2019 22:08

O Benxamín B, do mesmo xeito que o Alevín A, representará ao Dépor na 13ª edición do Trofeo Concello de Boiro, que se xoga nesta ocasión en categoría benjamín o sábado 15 de xuño.

O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo B, co Salgueiriños CF, EF Lalín e o Caldas CF.

O calendario de partidos é o seguinte:

Primeira Fase
10:30: BENXAMÍN B - EF LALÍN (campo 1B)
12:20: SALGUEIRIÑOS CF - BENXAMÍN B (campo 1A)
15:15: BENXAMÍN B - CALDAS CF (campo 2A)

Os dous primeiros de grupo pasan a oitavos de final, que comezan ás 17:35 horas.

Dobre cita para o Alevín A: hoxe en Abegondo e o domingo 16 en Boiro

O Alevín A ten dobre cita esta semana. En primeiro lugar, hoxe martes 11 de xuño o equipo deportivista disputou un amigable en Abegondo ante o conxunto do AFA Angola. O resultado favoreceu aos africanos (4-5), despois dun entretido encontro. Jacobo, Rubén, David e Íker foron os goleadores branquiazuis.

E o domingo 16, o Alevín A compite na 13ª edición do Trofeo Concello de Boiro, que se celebra no campo de fútbol de Vista Alegre.

O conxunto que dirixe Roberto Veres quedou encadrado no grupo A, co Sálvora CF, Cristo de la Victoria SD e o Amio SD B.

O calendario inicial é o seguinte:

Primeira Fase
10:30: ALEVÍN A - CRISTO DE LA VICTORIA SD (campo 1A)
12:20: ALEVÍN A - AMIO SD B (campo 2A)
15:15: SÁLVORA CF - ALEVÍN A (campo 1B)

Os dous primeiros de grupo pasan a oitavos de final, que comezan ás 17:35 horas.