RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín B dá a benvida ao 2020 cun triunfo ante o Victoria CF C

O Benxamín B deu a benvida ao 2020 cun triunfo (7-0) ante o Victoria CF C, con goles de Nico -2-, Íker -2-, Mateo -2- e Thiago.

O partido corresponde á 4ª xornada na Primeira C, que foi suspendida o pasado 21 de decembro de acordo coa alerta meteorolóxica emitida pola Xunta de Galicia para ese día.

Con este marcador, o Benxamín B lidera en solitario o grupo con 12 puntos de 12 posibles. O Victoria CF B é segundo na táboa con 10 puntos. Ambos os equipos ven as caras precisamente a próxima fin de semana, no que será un dos partidos da temporada.

Benxamín B: Alejandro, Nico, Hugo, Antón, Thiago, Leo, Íker e Mateo. Tamén xogaron: Sergio, Yael e Brais.

Os resultados até a data do Benxamín B son os seguintes:

Ural CF C 1 - Benxamín B 3 (Íker -2- e Hugo)
Benxamín B 8 (Íker -3-, Hugo -2-, Mario -2- e Sergio) - Atlético Coruña Montañeros CF B 0
CD Calasanz C 2 - Benxamín B 4 (Thiago, Íker -2- e Nico)
Benxamín B 7 (Nico -2-, Íker -2-, Mateo -2- e Thiago) - Victoria CF C 0