RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín B disputa mañá en Abegondo un amigable de preparación ante o San Tirso A

O Benxamín B do Deportivo, que nesta pretemporada adxudicouse xa os torneos do Cire de Melide e o Memorial Manolo Carreira en Velle (Ourense), disputa mañá martes 3 de outubro un partido amigable.

O encontro será no campo de herba sintética da Cidade Deportiva de Abegondo, a partir das 19:00 horas, co San Tirso A como rival.

Este choque servirá de preparación para unha nova cita do equipo deportivista, a Marosa Cup en Burela, este sábado 7 de outubro.