RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín B dobrega ao Victoria CF B e pon terra polo medio á fronte do grupo

O Benxamín B dobregou (6-1) ao Victoria CF B en partido correspondente á 5ª xornada na Primeira C e pon terra polo medio ante un dos seus principais rivais polo título ligueiro. Os branquiazuis son líderes con 15 puntos de 15 posibles; por 10 puntos agora do Victoria CF B, segundo na táboa.

Íker -3-, Thiago -2- e Mario foron os goleadores deportivistas.

Benxamín B: Brais, Hugo, Antón, Nico, Leo, Íker, Yael e Thiago. Tamén xogaron: Alejandro, Sergio, Mateo e Mario.

A próxima fin de semana, o Benxamín B mídese ao CD Calasanz B.

Os resultados até a data do Benxamín B son os seguintes:

Ural CF C 1 - Benxamín B 3 (Íker -2- e Hugo)
Benxamín B 8 (Íker -3-, Hugo -2-, Mario -2- e Sergio) - Atlético Coruña Montañeros CF B 0
CD Calasanz C 2 - Benxamín B 4 (Thiago, Íker -2- e Nico)
Benxamín B 7 (Nico -2-, Íker -2-, Mateo -2- e Thiago) - Victoria CF C 0
Benxamín B 6 (Íker -3-, Thiago -2- e Mario) - Victoria CF B 1