RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín B gaña a falta de 2 xornadas a liga na Segunda Fase, grupo 1º A Coruña

O Benxamín B adxudicouse o título de liga na Segunda Fase, grupo 1º A Coruña, ao vencer ao Santa María del Mar (0-4), en partido correspondente á á 13ª xornada, antepenúltima, disputada na súa totalidade esta pasada fin de semana.

Este choque do Benxamín B xogouse hoxe mércores 15 de maio debido á participación o pasado sábado e domingo do equipo branquiazul na Kempen Cup de Alemaña, na que obtivo o título da Fase Ouro.

É o segundo título para o cadro deportivista, após ser campión da Segunda Comarcal A Coruña no primeiro tramo da campaña.

Hugo, José Quiroga, Pablo e Raúl foron os goleadores do Benxamín B ante o Santa María del Mar.

Benxamín B: Lucas, Nico, Lucas Vázquez, Iago Varela, José Quiroga, Iago Lameiro, Javi e Raúl. Tamén xogaron: Martín, Rodrigo, Hugo e Pablo.

A competición ligueira renóvase o sábado 25 de maio, co partido do Benxamín B ante o CD Calasanz B, pertencente á penúltima xornada.

Os resultados nesta competición do equipo que dirixe Álvaro Rodríguez son os seguintes:

Benxamín B 2 (Javi e Raúl) - AD Peñarredonda A 1
Sporting Coruñés C 0 - Benxamín B 14 (Raúl -4-, José Quiroga -3-, Iago Varela -3-, Lucas Vázquez -2-, Iago Lameiro e Hugo)
Benxamín B 3 (Nico, Javi e Iago Varela) - Ural CF C 0
Galicia Gaiteira 1 - Benxamín B 7 (Rodrigo -3-, Lucas Vázquez, Iago José, Iago Lameiro e José Quiroga)
Benxamín B 1 (José Quiroga) - Victoria CF B 0
ED Luis Calvo Sanz C 1 - Benxamín B 3 (Pablo -2- e Hugo)
CD Calasanz C 0 - Benxamín B 7 (José Quiroga -3-, Lucas Vázquez, Iago Lameiro, Hugo e Iago José)
Benxamín B 3 (José Quiroga, Iago Lameiro e Raúl) - Compañía de María A 0
Atlético Coruña Montañeros CF B 0 - Benxamín B 11 (Rodrigo -4-, Iago Varela -3-, José Quiroga, Iago Lameiro, Hugo e Javi)
Benxamín B 7 (José Quiroga -4-, Iago Varela, Hugo e Rodrigo) - Imperátor OAR B 1
SCD San Cristóbal B 0 - Benxamín B 6 (Rodrigo -2-, Raúl, José Quiroga, Iago Lameiro e Iago Varela)
Benxamín B 17 (Iago Lameiro -5-, Raúl -5-, Javi -2-, Lucas Vázquez, Pablo Vara, Rodrigo, Iago Varela e Jose Quiroga) - CD Ciudad 0
Santa María del Mar 0 - Benxamín B 4 (Hugo, José Quiroga, Pablo e Raúl)