RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín B non pasa apuros para lograr o seu primeiro triunfo na Segunda Comarcal

O Benxamín B logrou, sen pasar apuros ante o Ural C (0-9), o seu primeiro triunfo na Segunda Comarcal A Coruña, competición que arrincou este fin de semana.

Ioan -3-, Pablo -2-, Uxío -2-, Trigo e Yago Vázquez foron os autores dos goles branquiazuis.

Benxamín B: Adrián, Yago, Caaveiro, Gael, Nico, Yago Trigo, Ioan e Uxío. Tamén xogaron: Aarón, Pablo, Mauro e Christian.

O próximo fin de semana, o Benxamín B cítase co Atlético San Pedro B.