RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín B ponse ao mando da Segunda Comarcal A Coruña

O partido correspondente á 5ª xornada na Segunda Comarcal A Coruña entre o Benxamín B e o Club Xesuitinas B, que se ía á xogar na Torre o pasado 24 de novembro e que foi suspendido polo temporal de choiva que azoutou A Coruña esa tarde, disputouse finalmente hoxe sábado 22 de decembro.

O triunfo foi claramente deportivista (8-1), co que o Benxamín B recupera o liderado do grupo. Os branquiazuis suman 19 puntos por 18 puntos do seu inmediato perseguidor, o ED Luis Calvo Sanz C.

Yago lameiro -2-, Pablo -2-, José -2-, Rodrigo e Raúl foron os goleadores deportivistas ante o Club Xesuitinas B.

Benxamín B: Lucas, Hugo, José, Lucas Vázquez, Iago Varela, Pablo, Iago Lameiro e Rodrigo. Tamén xogaron: Nico, Javi e Raúl.

A competición ligueira párase até mediados de xaneiro. O Atlético Coruña Montañeiros CF C será o próximo rival do Benxamín B.

Os resultados do conxunto que dirixe Álvaro Rodríguez son os seguintes:

Benxamín B 9 (Lucas Vázquez -3-, Pablo -2-, Javi, Rodri, Iago e Lema) - CD Calasanz C 0
Oza Juvenil SD B 1 - Benxamín B 8 (Rodrigo -2-, Yago -2-, Hugo, José, Javi e Raúl)
Benxamín B 2 (Iago Lameiro e Javi) - Ural CF C 2
ED Luis Calvo Sanz C 1 - Benxamín B 3 (Hugo, Javi e Pablo Vara)
Benxamín B 8 (Yago lameiro -2-, Pablo -2-, José -2-, Rodrigo e Raúl) - Club Xesuitinas B 1
Imperátor OAR C 0 - Benxamín B 12 (Raúl -5-, Lucas Vázquez, Hugo, Nico, José e Rodrigo -3-)
Victoria CF C 0 - Benxamín B 7 (Iago Lameiro -3-, Raúl -2-, Hugo e Pablo Vara)