O Benxamín B do Deportivo xogará este sábado 16 de setembro o seu primeiro torneo de pretemporada. Será a cuarta edición do Torneo de Fútbol Base Cire Melide, na localidade coruñesa de Melide.
O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo 1, co Cire Melide, Arzúa, Ural e Santiago CF.
O calendario de partidos da Primeira Fase é o seguinte:
10:40: CIRE MELIDE - BENXAMÍN B
12:20: URAL - BENXAMÍN B
14:50: ARZÚA - BENXAMÍN B
15:40: SANTIAGO - BENXAMÍN B
Os dous primeiros de grupo xogarán polo título, fase denominada pola organización do torneo 'Champions'; mentres que terceiro e cuarto pelexarán nunha Fase de Consolación, chamada 'Uefa'.