RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín B segue enrachado e á fronte do seu grupo

A golpe de goleada saca adiante os seus partidos o Benxamín B. Nesta ocasión, superou con claridade (0-12) ao Betanzos B, con tantos de Ioan -3-, Uxío -3-, Nico -2-, Paulo -2-, Sergio e Yago Trigo. O encontro pertence á 3ª xornada da Segunda Comarcal A Coruña.

Con este amplo resultado, o Benxamín B segue á fronte da táboa con 9 puntos de 9 posibles, igualado a puntos co Luis Calvo C, ao que supera por mellor diferencia de goles: +32 os deportivistas por +10 os carballeses.

Benxamín B: Adrián, Iago, Gael, Caaveiro, Ioan, Paulo, Uxío e Nico. Tamén xogaron: Sergio, Christian, Mauro, Yago Trigo, Ronquete e Aarón.

A vindeira fin de semana toca xornada de descanso para o conxunto branquiazul.

Os resultados até a data do Benxamín B foron os seguintes:

Ural C 0 - Benxamín B 9 (Ioan -3-, Pablo -2-, Uxío -2-, Trigo e Yago Vázquez)
Benxamín B 11 (Ronquete -3-, Sergio -2-, Ioan -2-, Gael, Yago Trigo, Caaveiro e Uxío) - Atlético San Pedro B 0
Betanzos B 0 - Benxamín B 12 (Ioan -3-, Uxío -3-, Nico -2-, Paulo -2-, Sergio e Yago Trigo)