RCD / NOVAS

O Brexo Lema será o rival do Fabril na Copa Deputación, este mércores 31

29/07/2019 13:10

O Brexo Lema SD, que apeou onte domingo ao Sporting Ciudad, será o rival do Fabril nos dezaseisavos de final da Copa Deputación.

A eliminatoria, a partido único, xogarase inicialmente este mércores 31 de xullo ás 19:00 horas no campo dos Pinares en Lema.

Será a terceira cita este verán para o Fabril, tralo partido ante o Dépor en Abegondo do pasado 24 de xullo e o torneo 'tres nun' do pasado sábado en Moraña fronte a RC Celta B e Pontevedra CF.

As citas de pretemporada confirmadas do Fabril son as seguintes:

Mércores 24 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, Deportivo 2 - Fabril 0
Sábado 27 de xullo: campo de Mirallos (Moraña), Fabril 0 - RC Celta B 0. A penaltis: 3-1; Fabril 1 (Valín) - Pontevedra CF 1
Mércores 31 de xullo: Dezaseisavos de final da Copa Deputación, Campo dos Pinares, 19:00 h, Brexo Lema SD - Fabril