RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Cadete A abre este venres en Abegondo o calendario de partidos oficiais en #ANOSACANTEIRA

O partido do Cadete A en Abegondo deste venres 20 de setembro (19:00 horas) ante o Racing de Ferrol abre o calendario de partidos oficiais en #ANOSANCANTEIRA para a fin de semana. O choque entre deportivistas e ferroláns pertence á 3ª xornada na División de Honra.

O outro partido da fin de semana na Cidade Deportiva será o do Xuvenil B, que o sábado 21 recibe ao Ourense CF (12:00 horas).

Os demais equipos xogan lonxe de Abegondo. Deles, o partido máis destacado é o do Fabril, que visita á SD Compostela o domingo ás 19:00 horas no Estadio de San Lázaro. Fronte a fronte estarán dous dos galos da categoría.

O campo das Relfas de Vigo (Deportivo ABANCA B ante o Sárdoma CF); o de Covadonga en Xixón (Xuvenil A ante o Roces), o Novo Municipal da Estrada (Cadete B fronte ao Escola Estrada Fútbol Base) e o campo da Leyma da Coruña (Infantil A ante o Victoria CF e Infantil B fronte ao ADC Obradoiro) serán os escenarios do resto de encontros dos conxuntos branquiazuis.

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira División
5ª xornada: COMPOSTELA - FABRIL, o domingo 22 de setembro ás 19:00 en San Lázaro
Clasificación: 1. CD Choco, 10 puntos; 2. Ourense CF e SD Compostela, 9 puntos; 4. Fabril, 8 puntos; 5. Racing Villalbés, CD Estradense, Bergantiños CF e CSD Arzúa, 7 puntos; 9. Silva SD, Rápido de Bouzas e Arousa SC, 6 puntos...

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 2ª xornada: SÁRDOMA CF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 22 de setembro ás 12:00 nas Relfas (Vigo)

Categoría xuvenil
División de Honra, 3ª xornada: ROCES - XUVENIL A, o sábado 21 de setembro ás 16:30 no campo de Covadonga (Xixón)

Liga Nacional, 3ª xornada: XUVENIL B - OURENSE CF, o sábado 21 de setembro ás 12:00 en Abegondo

Categoría cadete
División de Honra, 3ª xornada: CADETE A - RACING DE FERROL, o venres 20 de setembro ás 19:00 en Abegondo

Liga Galega, grupo norte, 3ª xornada: ESCOLA ESTRADA FÚTBOL BASE - CADETE B, o sábado 21 de setembro ás 12:30 no Novo Municipal da Estrada

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 3ª xornada: VICTORIA CF - INFANTIL A, o sábado 21 de setembro ás 12:15 na Leyma (A Coruña)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 3ª xornada: ADC OBRADOIRO - INFANTIL B, o sábado ás 18:00 na Leyma (A Coruña)