RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Cadete A abre mañá xoves a xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

O partido do Cadete A, líder da División de Honra, ante o Racing de Ferrol mañá xoves 18 de outubro en Abegondo (campo 3), con entrada gratuíta para os afeccionados, abre a xornada ligueira en #ANOSACANTEIRA.

A fin de semana ademais supón o inicio da competición para os 3 equipos que aínda estaban sen liga: Alevín B, Benxamín A e Benxamín B.

En Segunda División B, o Fabril repite partido en Abegondo, o domingo 21 de outubro ás 17:00 horas.

Os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 14 anos.

O filial deportivista busca os 3 puntos en xogo para saír dos postos baixos da clasificación ante un rival da zona alta: os madrileños son terceiros con 17 puntos.

Tamén compite en Abegondo o sábado o Xuvenil B (12:00). Para este encontro, os socios teñen entrada gratuíta e, para o público, a entrada custa 3 euros.

Lonxe da Cidade Deportiva xogan o sábado o Xuvenil A (16:00 en Xixón fronte ao CD Covadonga), Infantil A (10:00 na Grela 1 ante o Victoria CF) e Infantil B (10:00 en San Pedro de Visma 1 ante o CD Calasanz B); e o domingo o Deportivo ABANCA B (18:00 en Tordoia) e Cadete B (12:00 en Leyma).

De todos eles sobresae a visita do Infantil A, líder da Liga Galega con 18 puntos; ao Victoria CF, terceiro con 15 puntos.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
9ª xornada: FABRIL - SAN SEBASTIÁN DE LOS REYES, o domingo 21 de outubro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: ... 15. Burgos CF e Unionistas de Salamanca CF, 8 puntos; 17. CF Salmantino, 6 puntos; 18. CDA Navalcarnero, 5 puntos; 19. Fabril, 4 puntos; 20. Rápido de Bouzas, 1 punto

Categoría feminina
7ª xornada: SD TORDOIA - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 21 de outubro ás 18:00 no campo da Rega (Tordoia)
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: 1. Deportivo ABANCA B, 18 puntos; 2. Viajes InterRías FF, 16 puntos...

Categoría xuvenil
8ª xornada: CD COVADONGA - XUVENIL A, o sábado 20 de outubro ás 16:00 no campo Álvarez Rabanal de Oviedo
Clasificación da División de Honra: ... 3. CD Lugo, 14 puntos; 4. Sporting de Gijón, Ural CF e Real Oviedo, 12 puntos; 7. Xuvenil A e Club Atl. Perines, 11 puntos; 9. Racing de Ferrol, 9 puntos...

7ª xornada: XUVENIL B - CD CHOCO, o sábado 20 de outubro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: 1. Pabellón Ourense CF, 15 puntos; 2. Victoria CF, Celta B, CD Calasanz, CD Choco e Xuvenil B, 13 puntos; 7. CD Areosa, 12 puntos...

Categoría cadete
7ª xornada: CADETE A - RACING DE FERROL, mañá xoves 18 de outubro ás 18:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A, 18 puntos; 2. Ural CF, 15 puntos...

7ª xornada: VICTORIA CF B - CADETE B, o domingo 21 de outubro ás 12:00 en Leyma (A Coruña)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. CF Dumbría, 18 puntos; 2. Bertamiráns CF, 16 puntos; 3. Racing Club Villalbés e Cadete B, 15 puntos; 5. ED Xuventude de Oroso e Bergantiños CF B, 13 puntos...

Categoría infantil
7ª xornada: VICTORIA CF - INFANTIL A, o sábado 20 de outubro ás 10:00 na Grela 1 (A Coruña)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Infantil A e Bertamiráns FC, 18 puntos; 3. Victoria CF e Ural CF, 15 puntos...

8ª xornada: CD CALASANZ B - INFANTIL B, o sábado 20 de outubro ás 10:00 en San Pedro de Visma 1 (A Coruña)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 21 puntos; 2. Sporting Cambre, 18 puntos...

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, 2ª xornada: ALEVÍN A - SD SAN TIRSO A, o sábado 20 de outubro ás 11:00 na Torre (campo 2.1)

Segunda Comarcal A Coruña, 1ª xornada: OZA JUVENIL SD B - ALEVÍN B, o sábado 20 de outubro ás 13:00 na Torre (campo 2.2)

Categoría benjamín
Primeira Comarcal A Coruña, 1ª xornada: BENXAMÍN A - OZA JUVENIL SD A, o sábado 20 de outubro ás 11:00 na Torre (campo 1.2)

Segunda Comarcal A Coruña, 1ª xornada: BENXAMÍN B - CD CALASANZ C, o sábado 20 de outubro ás 13:00 na Torre (campo 1.2)