RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Cadete A abre mañá xoves o calendario da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

O partido da División de Honra entre o Cadete A e o San Tirso SD, mañá xoves 28 de marzo ás 18:30, con entrada gratuíta para os afeccionados, abre a xornada ligueira da fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

Os branquiazuis, trala derrota do pasado partido na Coruña fronte ao CD Calasanz, quedan sen marxe de manobra na pelexa polo título ante o RC Celta.

Xa durante a fin de semana haberá outros 4 partidos na Cidade Deportiva.

O Fabril recibe ao Pontevedra CF o sábado 30 ás 17:00 horas nunha nova final para o filial deportivista.

Os socios teñen libre acceso a Abegondo. O público paga 10 euros; e 3 euros os menores de 16 anos.

Pola mañá compiten o Xuvenil B (12:00 ante o Rápido de Bouzas) e Infantil A (11:30 fronte ao ED Val Miñor Nigrán). Para estes dous partidos, os abonados deportivistas teñen entrada gratuíta. Para o público, a entrada custa 3 euros.

O domingo 31 (12:00), o Infantil B mídese ao Órdenes SD, neste caso con acceso gratuíto para os afeccionados.

Lonxe da Cidade Deportiva xogarán o resto de equipos, a máis diso os alevíns e benxamíns. O sábado 30 o Cadete B visita ao CF Dumbría (16:30); e xa o domingo 31, o Xuvenil A (11:00) ao Real Racing Club de Santander, e o Alevín A (9:15, Elviña Pequeno) ao CD Calasanz.

Finalmente, o Deportivo ABANCA B, líder da Primeira Autonómica Feminina, ten dúas semanas de parón. Volverá á competición o domingo 14 de abril en Abegondo ante o Victoria CF B.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
31ª xornada: FABRIL - PONTEVEDRA CF, o sábado 30 de marzo ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: ... 14. Burgos CF e RC Celta B, 36 puntos; 16. Las Palmas Atlético, 33 puntos; 17. AD Unión Adarve, 29 puntos; 18. Rápido de Bouzas, 28 puntos; 19. CDA Navalcarnero, 24 puntos; 20. Fabril, 19 puntos

Categoría feminina
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Deportivo ABANCA B, 71 puntos; 2. Viajes InterRías FF, 67 puntos...

Categoría xuvenil
29ª xornada: REAL RACING CLUB - XUVENIL A, o domingo 31 de marzo ás 11:00 en La Albericia (Santander)
Clasificación da División de Honra: ... 3. Real Racing Club, 59 puntos; 4. Ural CF, 51 puntos; 5. Xuvenil A, 50 puntos; 6. CD Lugo, 47 puntos; 7. Real Oviedo, 46 puntos...

28ª xornada: XUVENIL B - RÁPIDO DE BOUZAS, o sábado 30 de marzo ás 12:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Nacional: ... 2. CD Calasanz, 60 puntos; 3. Victoria CF, 50 puntos; 4. CD Conxo Santiago e Xuvenil B, 49 puntos; 6. CD Choco, 45 puntos...

Categoría cadete
28ª xornada: CADETE A - SAN TIRSO SD, o xoves 28 de marzo ás 18:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 75 puntos; 2. Cadete A (un partido menos), 65 puntos; 3. Ural CF, 57 puntos...

28ª xornada: CF DUMBRÍA - CADETE B, o sábado 30 de marzo ás 16:30 no campo do Conco (Dumbría)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: ... 2. Xuventude de Oroso, 67 puntos; 3. Cadete B, 53 puntos; 4. Racing Villalbés, 51 puntos; 5. Galicia de Caranza, 48 puntos...

Categoría infantil
11ª xornada: INFANTIL A - ED VAL MIÑOR NIGRÁN, o sábado 30 de marzo ás 11:30 en Abegondo
Clasificación da Liga Galega, Fase polo Título: 1. Infantil A, 30 puntos; 2. RC Celta, 25 puntos...

31ª xornada: INFANTIL B - ÓRDENES SD, o domingo 31 de marzo ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 80 puntos; 2. Ural CF B, 78 puntos; 3. Sporting Cambre, 69 puntos...

Categoría alevín
7ª xornada: CD CALASANZ - ALEVÍN A, o domingo 31 de marzo ás 9:15 en Elviña pequeno
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte: 1. Alevín A e Victoria CF A, 18 puntos; 3. CD Calasanz A e Ural CF A, 15 puntos; 5. CD Lugo A e Escola F. Luis Calvo Sanz A, 9 puntos...

6ª xornada: URAL CF C - ALEVÍN B, o sábado 30 de marzo ás 11:30 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da Segunda Fase da Segunda Comarcal: 1. Alevín B e Ural CF C, 15 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF C, 12 puntos; 4. Victoria CF C, 10 puntos...

Categoría benxamín
18ª xornada: BENXAMÍN A - VICTORIA CF A, o domingo 31 de marzo ás 12:00 na Torre (campo 2.2)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 45 puntos; 2. CD Calasanz A, 43 puntos; 3. Victoria CF A, 42 puntos; 4. Ural CF A e Atlético Coruña Montañeros CF A, 33 puntos...

7ª xornada: CD CALASANZ C - BENXAMÍN B, o sábado 30 de marzo ás 9:30 na Torre (campo 3.1)
Clasificación da Segunda Fase grupo 1º A Coruña: 1. Benxamín B, 18 puntos; 2. CD Calasanz B, 15 puntos; 3. Ural CF B e ED Luis Calvo Sanz C, 13 puntos...