RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete A cede 2 puntos en Lugo e deixa en 6 a súa vantaxe sobre ao RC Celta á fronte da táboa

O Cadete A igualou no campo da Cheda ante o CD Lugo A (1-1), en partido correspondente á 23ª xornada na División de Honra, e deixa a súa vantaxe sobre o RC Celta á fronte da táboa en 6 puntos e o golaverage particular: 70 puntos os branquiazuis por 64 os celestes.

En Lugo, Martín Ochoa adiantou aos deportivistas na primeira metade; pero os branquivermellos repuxéronse e lograron igualar a contenda após o descanso.

Cadete A: Lemos, Nico, Canles, Hugo Baldomar, Pablo Trigo, Martín Ochoa, Álex González, Matogueira, Rubén, Carlos e Nacho. Tamén xogaron: Embid, Mella, Castosa e Raúl. 

O seguinte partido de liga para o Cadete A será o sábado 14 de marzo, coa visita ao AJ Lérez de Pontevedra.

Os resultados do Cadete A que dirixe Nacho Lourido até o momento son os seguintes:

Cadete A 4 (Martín Ochoa -2- e Hugo Baldomar -2-) - Bertamiráns FC 0
CD Calasanz 0 - Cadete A 5 (Seydiba, Hugo Baldomar, Nico, Mella e Martín Ochoa)
Cadete A 5 (Álex, Embid, Canales, Diego e Martín) - Racing de Ferrol 0
ED Xuventude de Oroso 0 - Cadete A 3 (Álex González -2- e Martín Ochoa)
Coruxo FC 0 - Cadete A 4 (Martín Ochoa -2-, Roque e Embid)
Cadete A 3 (Canales -3-) - CD Lugo 0
RC Celta 0 - Cadete A 1 (Martín Ochoa)
Cadete A 5 (Hugo Baldomar -2-, Roque e Martín Ochoa -2-) - AJ Lérez 1
Pabellón Ourense CF 1 - Cadete A 3 (Quique Teijo, Diego Gómez e Hugo Baldomar)
Cadete A 5 (Hugo Baldomar -2-, Diego Gómez -2 e Martín Ochoa) - Bergantiños CF 0
Victoria CF 2 - Cadete A 4 (Diego Gómez, Canales, Martín Ochoa e Roque)
Cadete A 5 (Hugo Baldomar -2-, Martín Ochoa, Álex González e Mella) - ED Val Miñor Nigrán 0
CD Conxo Santiago 1 - Cadete A 3 (Mella -2- e un futbolista rival en propia meta)
Cadete A 8 (Pablo Trigo, Mella, Canales, Diego Gómez, Martín Ochoa -2- e Álex González -2-) - Arosa SC 0
San Tirso SD 0 - Cadete A 3 (Diego Gómez -2- e Martín Ochoa)
Cadete A 5 (Canales -2-, Martín Ochoa, Rubén e un futbolista rival en propia meta) - Pontevedra CF 0
Ural CF 0 - Cadete A 3 (Álex González, Martín Ochoa e Mella)
Bertamiráns FC 1 - Cadete A 9 (Hugo Baldomar, Quique Teijo, Mella, Rubén -2-, Martín Ochoa, Pablo Trigo -2- e Mato)
Cadete A 5 (Pablo Trigo, Martín Ochoa -3- e Mella) - CD Calasanz 0
Racing de Ferrol 0 - Cadete A 3 (Pablo Trigo, Martín Ochoa e Nacho)
Cadete A 4 (Martín Ochoa -2-, Diego Gómez e Mella) - ED Xuventude de Oroso 2
Cadete A 4 (Diego Gómez, Martín Ochoa e Nico -2-) - Coruxo FC 0
Cadete A 3 (Martín Ochoa -2- e Hugo Baldomar) - RC Celta 2
CD Lugo A 1 - Cadete A 1 (Martín Ochoa)