RCD / NOVAS

O Cadete A despide 2019 con goleada ao Pontevedra e asentado no máis alto da División de Honra

20/12/2019 21:49

O Cadete A despediu 2019 cun triunfo contundente (5-0) ante o Pontevedra CF en Abegondo e consolidado no máis alto da División de Honra.

Canales -2-, Martín Ochoa, Rubén e un futbolista rival en propia meta foron os autores dos goles branquiazuis neste partido correspondente á 16ª xornada.

Con este resultado, o Cadete A suma 48 puntos por 43 puntos do RC Celta, segundo na táboa.

Cadete A: Lemos, Seydiba, Canales, Castosa, Pablo Trigo, Mella, Martín Ochoa, Mato, Raúl, Rubén e Diego Gómez. Tamén xogaron: Embid, Carlos, Quique Teijo e Nacho.

O cadro do Cadete A vaise de vacacións do Nadal e retoma os adestramentos o xoves 2 de xaneiro de 2020.

A próxima cita ligueira será o 11 de xaneiro na Coruña ante o Ural CF.

Os resultados do Cadete A que dirixe Nacho Lourido até o momento son os seguintes:

Cadete A 4 (Martín Ochoa -2- e Hugo Baldomar -2-) - Bertamiráns FC 0
CD Calasanz 0 - Cadete A 5 (Seydiba, Hugo Baldomar, Nico, Mella e Martín Ochoa)
Cadete A 5 (Álex, Embid, Canales, Diego e Martín) - Racing de Ferrol 0
ED Xuventude de Oroso 0 - Cadete A 3 (Álex González -2- e Martín Ochoa)
Coruxo FC 0 - Cadete A 4 (Martín Ochoa -2-, Roque e Embid)
Cadete A 3 (Canales -3-) - CD Lugo 0
RC Celta 0 - Cadete A 1 (Martín Ochoa)
Cadete A 5 (Hugo Baldomar -2-, Roque e Martín Ochoa -2-) - AJ Lérez 1
Pabellón Ourense CF 1 - Cadete A 3 (Quique Teijo, Diego Gómez e Hugo Baldomar)
Cadete A 5 (Hugo Baldomar -2-, Diego Gómez -2 e Martín Ochoa) - Bergantiños CF 0
Victoria CF 2 - Cadete A 4 (Diego Gómez, Canales, Martín Ochoa e Roque)
Cadete A 5 (Hugo Baldomar -2-, Martín Ochoa, Álex González e Mella) - ED Val Miñor Nigrán 0
CD Conxo Santiago 1 - Cadete A 3 (Mella -2- e un futbolista rival en propia meta)
Cadete A 8 (Pablo Trigo, Mella, Canales, Diego Gómez, Martín Ochoa -2- e Álex González -2-) - Arosa SC 0
San Tirso SD 0 - Cadete A 3 (Diego Gómez -2- e Martín Ochoa)
Cadete A 5 (Canales -2-, Martín Ochoa, Rubén y un futbolista rival en propia meta) - Pontevedra CF 0