RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete A dobrega ao Racing de Ferrol pola vía rápida

O Cadete A tombou ao Racing de Ferrol (5-0) pola vía rápida, con 4 dos 5 goles anotados nos primeiros 39 minutos do partido, correspondente á 3ª xornada na División de Honra.

Álex, Embid, Cristian, Diego e Martín foron os goleadores dun equipo branquiazul que non encaixou nin un só tanto nos 3 partidos disputados até o momento.

Por conseguinte, con este resultado o Cadete A suma 9 puntos de 9 posibles na cabeza da clasificación.

Cadete A: Sergio, Quique, Álex, Nico, Seydiba, Embid, Cristian, Diego, Martín, Roque e Mella. Tamén xogaron: Raúl, Trigo, Rubén e Hugo Baldomar.

A próxima fin de semana, o Cadete A visita ao ED Xuventude de Oroso.

Os resultados do Cadete A até o momento son os seguintes:

Cadete A 4 (Martín -2- e Hugo Baldomar -2-) - Bertamiráns FC 0
CD Calasanz 0 - Cadete A 5 (Seydiba, Hugo Baldomar, Nico, Mella e Martín)
Cadete A 5 (Álex, Embid, Cristian, Diego e Martín) - Racing de Ferrol 0