RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete A dobrega ao Ural Español CF con dous goles en dous minutos

O Cadete A tombou en Abegondo ao Ural Español CF (3-1) con dous goles de Álex Delgado e Ogando nos minutos 76 e 78 de partido. Até ese momento o encontro, no que un tanto de Carreira á media hora de xogo puxo por diante provisionalmente o equipo deportivista, estaba igualado a un gol.

Co resultado deste partido correspondente á 5ª xornada no subgrupo D da División de Honra, o Cadete A é líder en solitario con 12 puntos. Con 6 puntos queda en segunda posición o Ural Español CF, aínda que cun partido máis que o Victoria CF, terceiro con 4 puntos.

Cadete A: Nuno, Mardones, Ogando, Martiño, Gabri, Carreira, Álex Delgado, Marco Baña, Kevin, Pedro e Domínguez. Tamén xogaron: Rubén, Dani Sierra, Miguel e Monteagudo.

A próxima fin de semana, o Cadete A volve xogar en Abegondo, neste caso ante o Atlético Coruña Montañeros CF A.

Os resultados do Cadete A no subgrupo D da División de Honra son os seguintes:

Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Cadete A 6 (Ogando, Carreira, Domínguez, Kevin -2- e Álex Delgado)
Cadete A 2 (Marco Baña e Álex Delgado) - Victoria CF 0
CD Calasanz 0 - Cadete A 8 (Álex Delgado -3-, Pedro, Kevin -2-, Monteagudo e Martín Montero)
Cadete A 3 (Carreira, Álex Delgado e Ogando) - Ural Español CF 1