RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete A gana e cobra máis vantaxe á fronte da División de Honra

O Cadete A venceu (5-0) ao ED Val Miñor Nigrán e suma a súa 12ª vitoria nos 12 partidos disputados até a data na División de Honra.

Ademais, os deportivistas amplían a súa renda de puntos na clasificación sobre o seu inmediato perseguidor, o RC Celta, que empatou en Vigo (3-3) ante o Bergantiños CF.

Así pois, o Cadete A suma 36 puntos na cabeza da táboa por 31 puntos agora dos célticos.

Hugo Baldomar -2-, Martín Ochoa, Álex González e Mella foron os goleadores branquiazuis ante o ED Val Miñor Nigrán en Abegondo.

Cadete A: Lemos, Quique Teijo, Nico, Canales, Hugo Baldomar, Roque, Martín Ochoa, Álex González, Rubén, Carlos e Diego Gómez. Tamén xogaron: Castosa, Nacho, Mella e Seydiba.

A próxima fin de semana, o Cadete A visita ao CD Conxo Santiago.

Os resultados do Cadete A até o momento son os seguintes:

Cadete A 4 (Martín Ochoa -2- e Hugo Baldomar -2-) - Bertamiráns FC 0
CD Calasanz 0 - Cadete A 5 (Seydiba, Hugo Baldomar, Nico, Mella e Martín Ochoa)
Cadete A 5 (Álex, Embid, Canales, Diego e Martín) - Racing de Ferrol 0
ED Xuventude de Oroso 0 - Cadete A 3 (Álex González -2- e Martín Ochoa)
Coruxo FC 0 - Cadete A 4 (Martín Ochoa -2-, Roque e Embid)
Cadete A 3 (Canales -3-) - CD Lugo 0
RC Celta 0 - Cadete A 1 (Martín Ochoa)
Cadete A 5 (Hugo Baldomar -2-, Roque e Martín Ochoa -2-) - AJ Lérez 1
Pabellón Ourense CF 1 - Cadete A 3 (Quique Teijo, Diego Gómez e Hugo Baldomar)
Cadete A 5 (Hugo Baldomar -2-, Diego Gómez -2 e Martín Ochoa) - Bergantiños CF 0
Victoria CF 2 - Cadete A 4 (Diego Gómez, Canales, Martín Ochoa e Roque)
Cadete A 5 (Hugo Baldomar -2-, Martín Ochoa, Álex González e Mella) - ED Val Miñor Nigrán 0