RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete A impón a lóxica sobre o Atlético Coruña Montañeros

O Cadete A impuxo a lóxica do fútbol e superou (4-2) ao Atlético Coruña Montañeros CF, pechacancelas da División de Honra. Antón, Nils, Mario e Abele foron os autores dos goles deste partido correspondente á 23ª xornada.

Con este resultado, o Cadete A suma 56 puntos, só superado polo RC Celta. Aos deportivistas ademais fáltalles un partido por xogar, ante o Ourense CF, aprazado o pasado 1 de febreiro polo temporal.

Cadete A: Adrián, Trilli, Axel, Dani Barcia, Mario, Braojos, Nils, Antón, Hugo Suárez, Abele e Padín. Tamén xogaron: Chucas, Jairo e Trigo.

A próxima semana non haberá competición debido aos compromisos da selección galega da categoría. O Cadete A retoma a liga o sábado 2 de marzo coa súa visita ao Racing de Ferrol.

A liga marcha así para o equipo que dirixe Juan Villamisar:

Cadete A 1 (Dani Barcia) - Ural CF 0
Coruxo 1 FC - Cadete A 2 (Yago e Axel)
Cadete A 4 (Axel, Padín, Hugo e un futbolista rival en propia meta) - Lugo A 0
Ourense CF 0 - Cadete A 3 (Noel -2- e Axel)
Cadete A 2 (Padín e Jairo) - Celta 1
Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Cadete A 6 (Hugo -3-, Nils, Padín e Axel)
Cadete A 5 (Nils -3- e Padín -2-) - Racing de Ferrol 0
Victoria CF 0 - Cadete A 1 (Padín)
ED Val Miñor Nigrán 3 - Cadete A 3 (Noel, Padín e Jairo)
Cadete A 1 (Dani Barcia) - CD Calasanz 3
San Tirso SD A 0 - Cadete A 3 (Jairo e Padín -2-)
Cadete A 5 (Iago, Nils, Noel -2- e un futbolista rival en propia meta) - Pontevedra CF 1
CD Areosa 1 - Cadete A 1 (Axel)
Cadete A 6 (Braojos, Novoa, Hugo Suárez, Padín -2- e Nils) - Bergantiños CF 0
UD Santa Mariña 0 - Cadete A 7 (Dani Barcia, Nils, Noel, Padín, Hugo Suárez -2- e Abele)
Cadete A 4 (Trilli, Hugo Suárez -2- e Axel) - CD Conxo Santiago 0
Pabellón Ourense CF 1 - Cadete A 3 (Mauro, Hugo Suárez e Padín)
Ural CF 1 - Cadete A 2 (Novoa e Noel)
Cadete A 3 (Padín, Mario e Noel) - Coruxo FC 1
CD Lugo 0 - Cadete A 4 (Dani Barcia, Antón, Noel e Padín)
Cadete A - Ourense CF, aprazado
RC Celta A 2 - Cadete A 1 (Noel)
Cadete A 4 (Antón, Nils, Mario e Abele) - Atlético Coruña Montañeros CF 2