RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete A non acusou a baixa do seu internacional David Mella e superou ao Racing de Ferrol

O Cadete A, que non puido contar co seu internacional David Mella, concentrado con España sub-15, logrou sacar adiante o seu partido no campo ferrolán da Gándara 1 (0-3) ante o Racing de Ferrol, correspondente á 20ª xornada na División de Honra. Pablo Trigo, Martín Ochoa e Nacho foron os goleadores branquiazuis.

Con este resultado, o Cadete A é líder sólido da categoría con 60 puntos.

Cadete A: Lemos, Quique Teijo, Nico, Canales, Castosa, Pablo Trigo, Martín Ochoa, Embid, Raúl, Carlos e Diego. Tamén xogaron: Nacho, Mato, Rubén e Seydiba.

A próxima fin de semana, o Cadete A recibe en Abegondo ao ED Xuventude de Oroso.

Os resultados do Cadete A que dirixe Nacho Lourido até o momento son os seguintes:

Cadete A 4 (Martín Ochoa -2- e Hugo Baldomar -2-) - Bertamiráns FC 0
CD Calasanz 0 - Cadete A 5 (Seydiba, Hugo Baldomar, Nico, Mella e Martín Ochoa)
Cadete A 5 (Álex, Embid, Canales, Diego e Martín) - Racing de Ferrol 0
ED Xuventude de Oroso 0 - Cadete A 3 (Álex González -2- e Martín Ochoa)
Coruxo FC 0 - Cadete A 4 (Martín Ochoa -2-, Roque e Embid)
Cadete A 3 (Canales -3-) - CD Lugo 0
RC Celta 0 - Cadete A 1 (Martín Ochoa)
Cadete A 5 (Hugo Baldomar -2-, Roque e Martín Ochoa -2-) - AJ Lérez 1
Pabellón Ourense CF 1 - Cadete A 3 (Quique Teijo, Diego Gómez e Hugo Baldomar)
Cadete A 5 (Hugo Baldomar -2-, Diego Gómez -2 e Martín Ochoa) - Bergantiños CF 0
Victoria CF 2 - Cadete A 4 (Diego Gómez, Canales, Martín Ochoa e Roque)
Cadete A 5 (Hugo Baldomar -2-, Martín Ochoa, Álex González e Mella) - ED Val Miñor Nigrán 0
CD Conxo Santiago 1 - Cadete A 3 (Mella -2- e un futbolista rival en propia meta)
Cadete A 8 (Pablo Trigo, Mella, Canales, Diego Gómez, Martín Ochoa -2- e Álex González -2-) - Arosa SC 0
San Tirso SD 0 - Cadete A 3 (Diego Gómez -2- e Martín Ochoa)
Cadete A 5 (Canales -2-, Martín Ochoa, Rubén e un futbolista rival en propia meta) - Pontevedra CF 0
Ural CF 0 - Cadete A 3 (Álex González, Martín Ochoa e Mella)
Bertamiráns FC 1 - Cadete A 9 (Hugo Baldomar, Quique Teijo, Mella, Rubén -2-, Martín Ochoa, Pablo Trigo -2- e Mato)
Cadete A 5 (Pablo Trigo, Martín Ochoa -3- y Mella) - CD Calasanz 0
Racing de Ferrol 0 - Cadete A 3 (Pablo Trigo, Martín Ochoa e Nacho)