RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete A retén o liderado e xa avantaxa ao Celta en 6 puntos

O Cadete A retivo o liderado da División de Honra ao imporse en Abegondo (2-1) ao Celta. O partido corresponde á 5ª xornada celebrada a pasada fin de semana e que foi aprazado a petición do conxunto vigués.

Con este resultado, o equipo deportivista suma 15 puntos e avantaxa xa en 6 puntos ao cadro céltico, vixente campión.

Esta tarde na Cidade Deportiva, Padín adiantou ao Cadete A ao minuto de xogo. Tralo empate do Celta, que chegou no minuto 27, responderon rápido os branquiazuis cun segundo tanto, obra de Jairo no minuto 32, ao cabo definitivo. Na segunda metade o marcador non se movería, a pesar de que o cadro vigués esmagou de xeito abondo en busca da igualada.

Cadete A: Adrián, Axel, Mauro, Trilli, Yago, Dani Barcia, Novoa, Nils, Noel, Jairo e Padín. Tamén xogaron: Chucas, Antón, Coba e Hugo.

Este domingo 14 de outubro, o Cadete A visita ao Atlético Coruña Montañeros. Será ás 12:00 en San Pedro de Visma 2.

A liga marcha así para o equipo que dirixe Luis Bonilla:

Cadete A 1 (Dani Barcia) - Ural 0
Coruxo 1 - Cadete A 2 (Yago e Axel)
Cadete A 4 (Axel, Padín, Hugo e un futbolista rival en propia meta) - Lugo A 0
Ourense CF 0 - Cadete A 3 (Noel -2- e Axel)
Cadete A 2 (Padín e Jairo) - Celta 1