RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Cadete A San Tirso alcanza a final da Southampton Cup 2017

O Cadete A San Tirso clasificouse para a gran final da Southampton Cup 2017 ao eliminar ao Isle of Man (0-4) en cuartos de final e ao Chelsea en semifinais (0-1). O FC Porto será o rival do equipo branquiazul no partido que decidirá o título, e que se xogará o sábado 12 de agosto a partir das 11:00 horas (hora local).

Ante o Isle of Man, o Cadete A San Tirso formou con: Brais, Trilli, Iago, Dani Barcia, Víctor, Chucas, Antón, Jairo, Noel, Novoa e Padín. Tamén xogaron: Ríos, Pablo, Fran, Jorge, Mauro, Braojos e Fika. Os goles branquiazuis foron obra de Padín, Novoa -2- e Noel.

Xa en semifinais, o Cadete A San Tirso tombou ao Chelsea cun tanto de Padín. O cadro deportivista aliñou a: Brais, Trilli, Dani Barcia, Mauro, Chucas, Antón, Jairo, Noel, Novoa e Padín. Tamén xogaron: Ríos, Pablo, Fran, Jorge, Iago, Braojos, Fika e Víctor.

Os resultados do Cadete A San Tirso no torneo foron os seguintes:

Primeira Fase
Domingo 6 de agosto
CADETE A SAN TIRSO 5 (Padín, Novoa -2-, Dani e Fran) - ALDERSHOT TOWN FC 0

Luns 7 de agosto
CADETE A SAN TIRSO 0 - UNIÃO FC 0

Martes 8 de agosto
CADETE A SAN TIRSO 6 (Dani Barcia, Trilli, Novoa, Fran e Pablo -2-) - PLYMOUTH ARGYLE FC 1

Xoves 10 de agosto
Cuartos de final
ISLE OF MAN 0 - CADETE A SAN TIRSO 4 (Padín, Novoa -2- e Noel)

Semifinal
CHELSEA 0 - CADETE A SAN TIRSO 1 (Padín)

Sábado 12 de agosto
Final
11:00 (hora local): FC PORTO - CADETE A SAN TIRSO