RCD / NOVAS

O Cadete A San Tirso xa coñece aos seus rivais na Southampton Cup 2017

01/08/2017 21:04

Os conxuntos do Aldershot Town FC, União FC e Plymouth Argyle FC serán os rivais do Cadete A San Tirso na Southampton Cup 2017, que arranca o vindeiro sábado 5 de agosto na citada cidade británica.

O calendario da Primeira Fase é o seguinte:

Domingo 6 de agosto
15:00 (hora local): CADETE A SAN TIRSO - ALDERSHOT TOWN FC

Luns 7 de agosto
11:00 (hora local): CADETE A SAN TIRSO - UNIÃO FC

Martes 8 de agosto
11:00 (hora local): CADETE A SAN TIRSO - PLYMOUTH ARGYLE FC

Os dous primeiros de cada grupo e o mellor terceiro pasan á Fase Final, xa en formato eliminatoria.

Os convocados para a primeira cita de pretemporada son os seguintes:

-Porteiros: Hugo Ríos e Brais
-Defensas: Trilli, Dani Barcia, Víctor, Mauro e Carracedo
-Centrocampistas: Fika, Jairo, Antón, Chucas e Braojos
-Dianteiros: Noel, Fran, Jorge, Novoa, Padín e Pablo Grande