RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Cadete A sela en Lugo o seu pase á gran final da División de Honra

O Cadete A certificou este mediodía no campo lucense da Cheda ante o CD Lugo (1-2) o seu pase á gran final da División de Honra.

Os goles de Álex Delgado e Ogando, ambos na segunda metade, deron o merecido pase aos branquiazuis, que superaron unha intensa calor e sobrepuxéronse a unha multitude de ocasións desperdiciadas ante a meta rival.

Cadete A: Nuno, Álvaro Mardones, Ogando, Rubén, Martiño, Carreira, David Domínguez, Pedro, Kevin, Montero e Álex Delgado. Tamén xogaron: Marco Baña, Gabri e Carlos.

O rival do Cadete A na final da categoría sairá da outra semifinal que disputan o RC Celta e o Pabellón Ourense CF. O encontro será o domingo 27, en horario e campo por determinar a cargo da Federación Galega de Fútbol.

Os resultados do Cadete A esta temporada, a falta do partido final, foron os seguintes:

Primeira fase, subgrupo D
Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Cadete A 6 (Ogando, Carreira, Domínguez, Kevin -2- e Álex Delgado)
Cadete A 2 (Marco Baña e Álex Delgado) - Victoria CF 0
CD Calasanz 0 - Cadete A 8 (Álex Delgado -3-, Pedro, Kevin -2-, Monteagudo e Martín Montero)
Cadete A 3 (Carreira, Álex Delgado e Ogando) - Ural Español CF 1
Cadete A 2 (Kevin e Álex Delgado) - Atlético Coruña Montañeros CF A 0
Victoria CF 1 - Cadete A 2 (Pedro e Ogando)
Cadete A 4 (Gabri, Kevin, Montero e Álex Delgado) - CD Calasanz 2
Ural Español CF 0 - Cadete A 4 (Kevin -2-, Monteagudo e Montero)

Segunda fase, grupo A2
Cadete A 1 (Álex Delgado) - RC Celta 1
Cadete A 5 (Álex Montero -3-, David Domínguez e Álex Delgado) - Arosa SC 0
San Tirso SD 2 - Cadete A 2 (Marco Baña e Álex Delgado)

Semifinais
CD Lugo 1 - Cadete A 2 (Álex Delgado e Ogando)