RCD / NOVAS

O Cadete A visita mañá ao Santa Mariña, en partido da xornada da fin de semana pasada

12/12/2018 13:07

O Cadete A acabou na 6ª praza do Trofeo Internacional Vila de Cabanillas, disputado en Navarra a pasada fin de semana.

Para participar no devandito torneo, o choque da xornada 15ª da División de Honra previsto para o sábado 8 ou domingo 9 ante a UD Santa Mariña, trasladouse a mañá xoves 13 de decembro ás 17:00 horas en Cotogrande (Vigo).

O Cadete A marcha segundo na clasificación con 35 puntos, a 1 punto do RC Celta, líder con 36 puntos. Ambos os equipos levan 14 partidos disputados.