RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete A volve á senda do triunfo á conta do Pabellón

O Cadete A recuperouse da derrota sufrida fai sete días ante o Areosa e goleou no campo ourensán dos Remedios (0-4) ao Pabellón Ourense, con goles de Juanma, Mario e Do Carmo -2-. O partido corresponde á xornada 10ª na División de Honra.

Con este resultado, o Cadete A suma 23 puntos e recupera a segunda posición, favorecido pola derrota do Pontevedra (0-1) ante o Santiago de Compostela. Os granates son agora terceiros con 21 puntos.

Cadete A: Íker, Roque, Añón, Landeira, Fito, Pablo, Concheiro, Peke, Portas, Do Carmo e Juanma. Tamén xogaron: Pol, Mario, Juan e Aye.

A vindeira fin de semana, o Cadete A recibe en Abegondo ao Victoria CF.

Os resultados até a data do equipo que prepara Luis Jiménez son os seguintes:

Val Miñor 3 - Cadete A 3 (Fito, Peke e Mario)
Cadete A 8 (Rares, Roque, Peke, Juanma -2-, Aye, Pol e Mario) - Bergantiños 0
Racing de Ferrol 2 - Cadete A 7 (Do Carmo, Concheiro -2-, Añón, Pol, Portas e Juanma)
Cadete A 1 (Pol) - ED Arousa SD 1
Choco 0 - Cadete A 10 (Juanma -4-, Aye -3-, Do Carmo, Peke e Portas)
Cadete A 3 (Juanma -2- e Peke) - Santiago de Compostela 0
Coruxo 1 - Cadete A 4 (Portas, Peke, Mario e Juanma)
Cadete A 4 (Peke, Mario, Portas e Aye) - Lugo 0
Cadete A 1 (Juanma) - Areosa 2
Pabellón Ourense 0 - Cadete A 4 (Juanma, Mario e Do Carmo -2-)