RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Cadete arranca ante o Pabellón Ourense CF a Segunda Fase polo Título da División de Honra

O Cadete arranca esta fin de semana en Abegondo ante o Pabellón Ourense CF a Segunda Fase polo Título da División de Honra.

O formato será de liga a dobre volta pero só contra o catro equipos clasificados do subgrupo B: RC Celta, CD Conxo Santiago, ED Val Miñor Nigrán e Pabellón Ourense CF.

O primeiro de cada subgrupo da Primeira Fase, Dépor no A e RC Celta no B, arranca esta segunda parte da competición con cinco puntos; os segundos con tres; os terceiros con dous; e os cuartos clasificados cun punto. Ao concluír, os catro primeiros xogarán as semifinais, a partido único en casa do mellor clasificado. A final será nunha sede que ditaminará a Federación Galega.

O calendario do Cadete que dirixe Darío Cotelo é o seguinte:

Xornada 1 (26/03/2022) Xornada 5 (23/04/2022)
Cadete Pabellón Ourense CF
Xornada 2 (02/04/2022) Xornada 6 (30/04/2022)
ED Val Miñor Nigrán Cadete
Xornada 3 (09/04/2022) Xornada 7 (07/05/2022)
Cadete CD Conxo Santiago
Xornada 4 (16/04/2022) Xornada 8 (14/05/2022)
RC Celta Cadete