RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Cadete B abre mañá venres a xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

A xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA arranca mañá venres en Abegondo co partido da 10ª xornada da Liga Galega entre o Cadete B e o Viveiro A, a partir das 18:00 horas no campo 4. Os socios deportivistas teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 3 euros.

Tamén xogan esta fin de semana en Abegondo o Fabril e Infantil A; ademais do Deportivo ABANCA B en Ponte dos Brozos (Arteixo). O filial deportivista, que empatou onte en Pasarón (1-1) e cedeu o liderado ao Fuenlabrada, recibe este domingo ás 12:00 horas á Gimnástica Segoviana. Os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada sénior custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Pola súa banda, na Liga Galega, o Infantil A mídese ao Xuventude de Oroso, este sábado 4 de novembro ás 11:00 horas. Os deportivistas non poden fallar para manter a cabeza do grupo. Para este encontro, os socios teñen acceso gratuíto; e para o público, a entrada custa 3 euros.

Para o sábado quedan ademais a visita do Xuvenil A, terceiro, ao líder, o Sporting de Gijón; e os encontros do Infantil B (ante o Obreiro), Alevín A (en Laracha) e Benxamín A (fronte ao Sporting Burgo A). Toca descanso para o Benxamín B.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
13ª xornada: FABRIL - GIMNÁSTICA SEGOVIANA, o domingo 5 de novembro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: 1. Fuenlabrada, 29 puntos; 2. Fabril, 27 puntos; 3. Celta B, 24 puntos...

Categoría feminina
9ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - VICTORIA CF B, o domingo 5 de novembro ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Clasificación da Primeira Autonómica: ... 2. Atlético Arousana, 22 puntos; 3. Viajes InterRías FF, 18 puntos; 4. Deportivo ABANCA B e Umia, 16 puntos; 6. Mos, 14 puntos...

Categoría xuvenil
11ª xornada: SPORTING DE GIJÓN - XUVENIL A, o sábado 4 de novembro ás 15:45 en Mareo (Xixón)
Clasificación da División de Honra: 1. Sporting de Gijón, 23 puntos; 2. Celta, 22 puntos; 3. Xuvenil A e Roces, 21 puntos; 5. Oviedo, 20 puntos...

10ª xornada: PABELLÓN OURENSE - XUVENIL B, o domingo 5 de novembro ás 12:00 nos Remedios (Ourense)
Clasificación da Liga Nacional: ... 3. Victoria, 22 puntos; 4. Xuvenil B, 16 puntos; 5. Pabellón Ourense e Racing de Ferrol, 15 puntos; 7. Choco e Santa Mariña, 13 puntos...

Categoría cadete
10ª xornada: PABELLÓN OURENSE - CADETE A, o domingo 5 de novembro ás 10:30 nos Remedios (Ourense)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 27 puntos; 2. Pontevedra, 21 puntos; 3. Cadete A, 20 puntos; 4. Pabellón Ourense, 19 puntos...

10ª xornada: CADETE B - VIVEIRO A, o venres 3 de novembro ás 18:00 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: ... 4. Viveiro A, 19 puntos; 5. Escola Estrada Fútbol Base, 18 puntos; 6. Cadete B, 17 puntos; 7. EF Lalín, 16 puntos; 8. Lugo B, 14 puntos...

Categoría infantil
10ª xornada: INFANTIL A - ED XUVENTUDE OROSO, o sábado 4 de novembro ás 11:00 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A, 25 puntos; 2. Calasanz, 23 puntos...

12ª xornada: OBRERO - INFANTIL B, o sábado 4 de novembro ás 11:00 no campo Eugenio Pardo Conchado (Oleiros)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Orillamar, 29 puntos; 2. Infantil B, 27 puntos; 3. Ural B (un partido menos), 21 puntos...

Categoría alevín
4ª xornada: LARACHA - ALEVÍN A, o sábado 4 de novembro ás 10:00 no Municipal de Laracha
Clasificación da Primeira Comarcal, grupo 1º: 1. Alevín A e Calasanz A, 9 puntos; 3. Orillamar A, 6 puntos...

4ª xornada: ALEVÍN B - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS B, o domingo 5 de outubro ás 9:00 na Torre
Clasificación de Segunda, grupo 1º: 1. Alevín B, Santa María del Mar A, Atlético Coruña Montañeros B e La Paz A, 4 puntos; 5. Ural B, 3 puntos...

Categoría benxamín
4ª xornada: BENXAMÍN A - SPORTING BURGO A, o sábado 4 de novembro 11:00 na Torre
Clasificación da Primeira Comarcal, grupo 2º: 1. Benxamín A, 9 puntos; 2. Betanzos e Calasanz A, 6 puntos...

Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B e Luis Calvo C, 9 puntos; 3. Calasanz C, 7 puntos...