RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete B comeza a rodar mañá luns

O Cadete B, que compite no grupo 1º da liga Galega, inicia mañá luns 5 de agosto a pretemporada, a partir das 10:30 en Abegondo.

O conxunto deportivista estará dirixido por David Lagar, con Raúl Navaza como delegado.

Os futbolistas citados son os seguintes:

Porteiro: Unai García, Rodrigo Toja e Nuno Rivero

Defensas: Gabriel Ares, Miguel Segura (procedente do Racing de Ferrol), Daniel Fernández, Rubén Vilela, Alexis Mendes, Manu Berrocal e Noah Rodríguez.

Centrocampistas: David Carreira, Carlos Rodríguez, Yago Monteagudo, Marco Baña, Jacobo González, Dani Sierra, Saúl González, Pedro Moraña (procedente do Bertamiráns FC), Álex Montero (procedente do Galicia Caranza), Martiño Caneda e Álvaro Mardones

Dianteiros: Alejandro Marcote, Hugo Alvarellos (procedente do EF Lalín), Martín Montero, Fernando Iglesias (procedente do CD Arenteiro), David Domínguez, Santiago Díaz (procedente do Racing de Ferrol) e Kevin Sánchez (procedente do Burgos CF)

As demais datas de regreso a Abegondo dos equipos de #ANOSACANTEIRA son as seguintes:

- Fabril: Luns 15 de xullo ás 10:30
- Deportivo ABANCA B (Segunda División Nacional feminina): 1 de agosto ás 19:00
- Xuvenil A (División de Honra): Martes 23 de xullo ás 10:30
- Xuvenil B (Liga Nacional): Martes 30 de xullo ás 10:30
- Cadete A (División de Honra): Martes 30 de xullo ás 10:30
- Cadete B (Liga Galega): Luns 5 de agosto ás 10:30
- Infantil A (Liga Galega): Luns 12 de agosto ás 10:30
- Infantil B (Primeira Autonómica): Luns 12 de agosto ás 10:30
- Alevín A (Primeira Comarcal): Luns 2 de setembro ás 18:30
- Alevín B (Segunda Comarcal): Martes 3 de setembro ás 18:30
- Benxamín A (Primeira Comarcal): Martes 3 de setembro ás 18:30
- Benxamín B (Segunda Comarcal): Martes 3 de setembro ás 18:30