RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete B compite este domingo na primeira edición do Torneo Malpica Vidú

O Cadete B participará este domingo 11 de xuño na primeira edición do Torneo Malpica Vidú, que se disputa na citada localidade coruñesa da Costa da Morte.

Os partidos terán unha duración de 35 minutos, e serán na modalidade de fútbol once.

O Cadete B quedou encadrado no grupo A, co Pontevedra, a Selección Coruñesa e o GD Chaves. Todos os partidos da Primeira Fase xogaranos os branquiazuis no campo da Pedra Queimada.

O calendario é o seguinte:

10:40: CADETE B - PONTEVEDRA
11:20: SELECCIÓN CORUÑESA - CADETE B
13:20: GD CHAVES - CADETE B

Todos os equipos accederán a cuartos de final, cuxos cruces estarán determinados segundo clasificación nesta Primeira Fase.

O Cadete B acaba de concluír a temporada ligueira como subcampión do grupo norte da Liga Galega.

O Cadete A, no Torneo Internacional Concello de Moraña

O Cadete A, que terminou como subcampión a liga en División de Honra, desprázase este sábado 10 de xuño a Moraña (Pontevedra), para participar na sétima edición do Torneo Internacional Concello de Moraña.

A competición dispútase no campo municipal de Mirallos, a partir das 9:45 horas.

O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo B, co Vitoria Sport Clube de Portugal e o Coruxo FC.

O calendario de partidos é o seguinte:

10:35: CORUXO - CADETE A
13:55: CADETE A - VITORIA SPORT CLUBE

En horario de tarde, o primeiro de grupo xogará a gran final do torneo contra o primeiro do grupo A, que está formado por Sporting Clube de Braga, Celta e Pontevedra.

Os segundos de grupo disputarán a final de consolación e os terceiros, pelexarán polo quinto posto.