RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete B dobrega ao CD Conxo Santiago B grazas a unha gran segunda parte

O Cadete B dobregou en Santiago ao CD Conxo Santiago B (1-5) grazas a unha gran segunda parte, após chegar ao descanso cunha provisional igualada (1-1), con tanto inicial deportivista de Mardones.

O paso polos vestiarios supuxo un cambio no partido e os branquiazuis mostraron a súa superioridade, plasmada polos goles de Iván, Mella, Matos e Sierra.

Co resultado deste encontro correspondente á 22ª xornada, o Cadete B lidera o grupo norte da Liga Galega con 55 puntos; por 50 puntos do seu inmediato perseguidor, o Atlético Coruña Montañeros CF. Precisamente ambos os equipos ven as caras o sábado 29 de febreiro en Abegondo na seguinte cita ligueira.

Cadete B: Manu, Mardones, Mato, Carlos, Raúl, Andón, Marcote, Marco Baña, Iván, Domínguez e Fer. Tamén xogaron: Sierra, Mella, Alexis e Matos. 

Os resultados até a data do equipo de David Lagar son os seguintes:

CD Calasanz B 1 - Cadete B 1 (Hugo García)
Cadete B 7 (Fer, Raúl, Carlos, Matos -2-, Domínguez e Mardones) - CD Lugo B 0
Escola Estrada Fútbol Base 1 - Cadete B 2 (Xosé e Mella)
Cadete B 2 (Hugo Matos e Mardones) - EFM Concello de Boiro 0
Cadete B 2 (Hugo Matos e Nico) - CD Conxo Santiago B 0
Atlético Coruña Montañeros CF 1 - Cadete B 2 (Iván -2-)
Cadete B 7 (Pablo Parada, Sierra -2-, Marcote, Domínguez e Iván -2-) - Racing de Ferrol B 0
Ural CF B 2 - Cadete B 3 (Iván, Seydiba e Mella)
Cadete B 5 (Monteagudo, Mato -2-, Mardones e Iván) - Bergantiños CF B 1
SCD Milagrosa 0 - Cadete B 2 (Marco Baña e Mardones)
Cadete B 5 (Matos -2-, Marco Baña -2- e Fer) - Imperátor OAR 0
SD Compostela 3 - Cadete B 5 (Sierra, Matos -2-, Mella e Iván)
Cadete B 2 (Domínguez e Iván) - Galicia Caranza 2
San Tirso SD B 2 - Cadete B 3 (Matos -2- e Nico)
Cadete B 4 (Mato, Matos, Alexis e Mardones) - Racing Villalbés 0
Dumbría CF 3 - Cadete B 2 (Matos e Mardones)
Cadete B 6 (Domínguez, Matos -2-, Mato, Marcote e Marco Baña) - Viveiro CF 1
Cadete B 3 (Adrián Lombao, Nico e Domínguez) - CD Calasanz B 1
CD Lugo B 1 - Cadete B 1 (Fer)
Cadete B 6 (Fer -5- e Guerrero) - Escola Estrada Fútbol Base 1
EFM Concello de Boiro 0 - Cadete B 0
CD Conxo Santiago B 1 - Cadete B 5 (Mardones, Iván, Mella, Matos e Sierra)