O Cadete B dobregou (2-0) ao Viveiro CF, equipo que se presentou na Cidade Deportiva como líder provisional do subgrupo A norte da liga Galega.
Javi Casanova e Héctor Beade foron os autores dos goles branquiazuis, ambos na segunda metade deste partido correspondente á 4ª xornada.
Con este resultado, o Cadete B suma seis puntos na segunda praza da táboa, igualado co CD Lugo B. Por diante segue o Viveiro CF, con nove puntos pero un partido máis.
Cadete B: Unai, Javi Casanova, Óscar, Adrián, Monteagudo, Noe, Álvaro Mardones, Marco Baña, José Rey, Samuel Vázquez e David Domínguez. Tamén xogaron: Samuel Fernández, Héctor Beade, Memet e David Carballo.
A próxima fin de semana, o Cadete B visita ao SCD Milagrosa.
Os resultados do Cadete B neste subgrupo son os seguintes:
Cadete B 2 (Óscar e Javi Casanova) - CD Lugo B 3
SD Ribadeo 0 - Cadete B 5 (José Rey -2-, Marco Baña, David Domínguez e Álex Delgado)
Cadete B 2 (Javi Casanova e Héctor Beade) - Viveiro CF 0