RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete B dobrega en Abegondo ao Viveiro A, un rival directo

O Cadete B abriu a 10ª xornada no grupo 1º da Liga Galega co triunfo en Abegondo (4-2) ante o Viveiro A, un rival directo polos postos altos da clasificación. Iván -2-, Nils e Mouriño foron os autores dos goles nun partido igualado que só quedou visto para sentenza nos minutos finais.

Con este marcador, o Cadete B instálase no grupo de cabeza da clasificación con 20 puntos.

Cadete B: Ríos, Íker, Buján, Edu, Álvaro, Xavi, Rares, Iago, Hugo, Iván e Nils. Tamén xogaron: Mouriño, Martín, Jorge, Álex e Padín.

A vindeira fin de semana, o Cadete B visita ao Bergantiños B.

Os resultados do Cadete B até a data son os seguintes:

Cadete B 1 (Hugo Suárez) - Xuventude de Oroso 1
Galicia de Caranza 1 - Cadete B 3 (Hugo Suárez -2- e Jorge)
Cadete B 3 (Hugo, Jorge e Nils) - Racing de Ferrol B 1
Lugo B 1 - Cadete B 0
Cadete B 4 (Iago -3- e Hugo) - EF Lalín 2
Racing Villalbés 0 - Cadete B 4 (Hugo, Mouriño e Iago -2-)
Cadete B 4 (Nils -2-, Iván e Hugo) .- Santiago de Compostela B 0
Dumbría 2 - Cadete B 2 (Álex e Buján)
San Tirso 3 - Cadete B 1 (Iván)
Cadete B 4 (Iván -2-, Nils e Mouriño) - Viveiro A 2